Liberdade Pablo Hasél!

A Republican Socialist Platform (Plataforma Socialista Republicana) condena firmemente a detención do rapeiro catalán Pablo Hasél.

Pablo foi imputado e condenado a prisión debido aos seus tweets e cancións críticas co réxime español, incluindo ao rei emérito Juan Carlos I, o cal está implicado nun grave delito de corrupción durante os últimos anos. Lonxe de ser un caso excepcional, esta escandalosa forma de utilizar a lei co fin de criminalizar e reprimir á disidencia política encaixa coa típica resposta do Estado Español frente a calquera desafío democrático e que proveña dende abaixo. O artigo 578 do Código Penal español, un dos cales Pablo supostamente violou, criminaliza aparentemente ao “enaltecemento do terrorismo”, mais é interpretado co obxectivo de suprimir a liberdade de expresión de ideas políticas, sobre todo no caso de cancións, arte e sátira. O mesmo é utilizado normalmente contra a esquerda, e rara vez se ten condenado á extrema dereita con este delito.

O impulso autoritario do Estado Español acrecentouse con maior claridade nos últimos anos cara Catalunya. Dende o referendo do 1 de outubro de 2017, o pobo catalán veuse obrigado a convivir con episodios de brutalidade policial e xuizos políticos, incluido o encarceramento inxusto de líderes políticos e da sociedade civil. O movemento independentista de Escocia ten mostrado en diversas ocasións o seu apoio e solidariedade co independentismo catalán, polo que nos reafirmamos nesta posición internacionalista na actualidade.

Dende que Pablo foi detido na Universidade de Lleida a semana pasada, téñense levado a cabo protestas masivas tódolos días nas principais cidades do territorio do Estado, dende Barcelona e Madrid ata Sevilla ou A Coruña. Moitos dos manifestantes foron apaleados, identificados e criminalizados pola prensa española e a extrema dereita, que os tacharon de vándalos e violentos.

Tal como escribiu Pablo dende a súa cela o venres pasado, “Non se pode poñer no mesmo plano a violenta represión do Estado con brutalidade policial incluida e a loita dos manifestantes contra iso e tanto máis”. Parabenizamos a coraxe dos manifestantes que saíron ás rúas en defensa de dereitos e liberdades democráticas fundamentais en total coñecemento da dura resposta represiva. O movemento independentista escocés pode aprender da súa tenacidade.

Como republicanos, socialistas e internacionalistas; posicionámonos a favor da liberdade de Pablo Hasél e todos os presos políticos do Estado Español, pola derogación das leis anti-democráticas utilizadas co fin de reprimir á disidencia política e polo total respecto ao dereito de autodeterminación.

Llibertat Pablo Hasél!

Free Pablo Hasél!


This statement is also accessible in English, Català and Español/Castellano. If you can help us translate it into more languages, please contact comms@republicansocialists.scot.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *